Unite

Unite inglesa de Xacobe I de Inglaterra
· IACOBVS · D · G · MAG · BRIT · FRAN · ET · HIB · REX·; busto real. · FACIAM · EOS · IN · GENTEM · VNAM · / I R; escudo real.
Unite. (1604-1619). Londres. AU. 37 mm. 9,84 g.[1]

Unite (no Reino de Inglaterra) e unit (no Reino de Escocia) foi unha moeda escocesa e inglesa de ouro introducida coas mesmas características en ambos os reinos por Xacobe VI de Escocia (1567-1625) logo de acceder ao reino de Inglaterra en 1603, como Xacobe I de Inglaterra, para fortalecer a vontade de unidade (unite) entre ambas as coroas.[2][3][4][5][6][7]

Estaba cuñada en ouro de 22 quilates e o seu peso estableceuse de tal xeito que entrasen 33 ½ exemplares nunha libra troy.[3]

  1. Unite (inglesa) de Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra. Numista.
  2. "Unit(e)". En Klütz, K. (2004). Páxina 282.
  3. 3,0 3,1 "Unite". En Martinori, E. (1915) Arquivado 20 de setembro de 2020 en Wayback Machine.. Páxina 346.
  4. "Unite". En Frey, A. R. (1916). Páxina 250.
  5. "Unite, Unet, Unitie". En Dictionary of the Scots Language. 2004. Scottish Language Dictionaries Ltd.
  6. "Unite". En Münzen Lexikon. Reppa.de.
  7. Grueber, H. (1899). Páxina XXXIX.

© MMXXIII Rich X Search. We shall prevail. All rights reserved. Rich X Search